24.4.12

Irmá.

E chegou co propósito de vernos de novo.

Ela: Antía.

Seguramente todos os que tendes irmáns poidades entenderme. 

Era preciso vela, pasar tempo xuntas e rir: rir sen parar. E todo o fixemos, todo e máis, collidas da man a cada pasiño dado e tendo unha cidade enteira para nós: nada máis que para nós.

Só vos deixo as fotos do vivido, entre elas o noso paso (como dúas verdadeiras raíñas) polo Teatro Real para ver "Vida e Morte de Marina Abramovic" co increíble Antony and the Johnsons e un verdadeiro maestro: Willem Dafoe.

Porque o que nós vivimos queda para nolas dúas.

Gracias por encher unha páxina do meu caderno co teu nome.

Amor sen fin.


Na librería "libros Malasaña" ollando.




Collendo forzas falando das nosas vidas.
Enfrente unha da outra, coma sempre.
Ela ♡
Madriz.
sen perder as boas costumes.
Manter as formas ....


a nosa noite de comenzo en Chueca.
WOK: tempura.
entre prato e prato ...
Xardíns Reais.

momentos antes do GRAN EVENTO.
Aeroporto: volta.


E agora soa Marble Sounds - Good Ocassions, xa o nome da canción o di todo: boas ocasións que teñen a obrigación de ficar na nosa mente POR E PARA SEMPRE en nós.


Irmá.

16.4.12

Barcelona es bona si la butxaca sona.

Volvendo a actualizar dende o iPhone, desta vez dende Barcelona. E "visto e non visto", despois de dous anos, volvo a ver ó meu mellor amigo Miguel Vizcaino para facer o lookbook da sua primeira colección presentada este ano na VFW e considerada pola revista Neo2 a mellor do seu día, entre outras publicacións.

Unha visita fugaz na que os abrazos, o bo comer e os sorrisos foron os protagonistas destas escasas horas.

Buscar en feiras de antiguedades, ir cantando baixo a choiva, recorrer as Ramblas de arriba a abaixo e respirar: respirar tranquila.

Aconséllovos que se vindes pronto á cidade condal, vos acheguedes ó restaurante "La Botiga" un sitio chulísimo na Rambla de Catalunya e cun postre visto nas sus características cartas para perder o sentido chamado "Nocilla" : con iso xa vos digo todo ... Os pequenos detalles e o servizo encandilan e de verdade que ¡a relación calidade-prezo merece a pena!

Algunhas fotiños do meu paso fugaz pola cidade e a sesión con Miguel co seu equipo! Con moito sono e case 30 cambios de vestuario! Tarefa non fácil dende logo... pero NON IMPOSIBLE!

Esta cidade ten algo especial, quizás sexa polos amigos que teño aquí pero sen dúbida, vir de vez en cando é necesario ...

Aixooo ! ! !


Bos Días Barcelona! 
9.30 da mañá, almorzo e para a sesión!
Maquillaxe, bostezos e música ... Día longo espera!
Máis de 20 cambios por diante, pero sempre cun sorriso :)
Un dos vestidos do Lookbook de Miguel Vizcaino
Detalle cinturón de pinchos ... A D O R O
Pasan as horas e seguimos ó pé do cañón !!!!
Preciosidad : Miguel Vizcaino
As horas fan mella e que mellor que descansar un ratiño
Hotel Colón nun domingo encapotado
"La Botiga" e a súa decoración
Enamorada das cartas
Pequenos- Grandes detalles: regresión ós anos 20-30.
Estirando os pés esperando o postre :)
Postre "NOCILLA" : impresionante.
Look do día
Barcelona é diferente ....
Sen esquencer nunca o NOSO.
Aproveitar o día buscando nunha feira de antiguedades 
Ter amigos coma Guillem que me regala cousiñas de American Apparel
No aeroporto, non queda máis que agardar ó embarque con música e descanso
Un vo de 15 persoas Barcelona - Madrid: GOZADA.
E despois de todo, recén chegada a casa : BOAS NOITES.

Neste día no que o frío e o vento non paran de incordiar, que mellor que isto acompañe para calmar todo o necesario ... ''The Smiths- Asleep''


7.4.12

Verdadeiras sorpresas da vida.

E falo de Alberto Saguar. 

Alberto Saguar é un xenio que, fai escasamente un mes, viu a miña casa en Madrid mentras eu traballaba pola mañán. Sabía que un tal "Alberto" viría a facerlle fotos ó meu compañeiro de piso, Adán, para o seu lookbook pero son desas informacións que non quedan retidas na mente e que, de feito, teñen que volver a insistirche nelas para lembrarte de que van a pasar.

Unha vez que saín da axencia cunha hora e media para comer e tendo que coller o metro, falei co meu outro compañeiro de piso, David, para saber como estaba indo a sesión e as súas palabras foron: 

- moi ben pero agora vaiche tocar a ti.

Imaxinádevos a miña cara de cansancio de estar dende as 8 en pé e ter que facer  en escasos minutos fotos para alguén que nin coñecía. Pois así foi e realmente non pensei nun "non" en ningún momento porque son desas locuras que fas sen importarche que non vas a comer ou descansar pero saber que eran con Adán e sendo a primeira vez que posaríamos xuntos, enchíame de curiosidade.

Cheguei a casa e por fin coñecín a Alberto: de meleniña oscura, gafas, cun sorriso enorme e cunha disposición increíble para conseguir o que él quería de nós sempre animándonos e ¡falándonos ata en arxentino e galego!. Un rapaz cun currículum cada vez máis sólido e importante, creador e montador de vídeos para varios grupos musicais do panorama nacional, colaborador de revistas como Tendencias así como tamén partícipe  no eido do audiovisual de campañas de moda como Springfield, entre outros.

Míroo tímidamente despois da correspondente presentación e dígolle:

- ¿cámbiome?.

Unha das cousas que máis me gustou del e que sempre mira fíxamente ós ollos e nesta ocasión non foi menos facendo que eu baixara a cabeza e co seu sorriso tan persoal e de forma totalmente espontánea di:
- Sí, sí, ¡claro!. A temática é: estar dormidiños mostrando moito cariño, compenetración e amor. ¡Imos!.

A miña cara de ... como faga fotos nunha cama, ¡VOUME QUEDAR DURMIDA! quedou bastante patente nese intre, ( que por momentos ¡a piques estiven de facelo!).

Rápidamente collín o primeiro body que me viu á man, uns cullots de encaixe e sen maquillarme nin peinarme, fumos mans á obra: ¡non había tempo que perder!

Falta todavía o verdadeiro resultado final que, cando poida, subirei con moito gusto: 

mantereivos informados ...

E ... ¡Voilá! 








Soa  Lisa Hannigan : 'Knots'  porque se hoxe falo de sorpresas, ela é o meu querido descubrimento deste mes de abril que a piques está a chegar o seu ecuador.

5.4.12

Un domingo con Estefanía.

Merece ben a ocasión comezar a miña primeira entrada REAL falando do seguinte:

dende fai dous anos aproximadamente tiven a oportunidade de coñecer a Estefanía: (allthewaytoohio). De ollos increíbles, esta rapaza murciana, amante da música, da ciencia e da fotografía, leva afincada xa uns aniños  nunha casiña moi moi cuca no céntrico barrio de Malasaña (ó lado dun restaurante grego moi peculiar que se me resiste e que acabarei, seguramente, falando del).  Como poderedes ver, a súa obra forma parte da miña cabeceira do blog pois, ó ver esa foto, quedei sen palabras: sabe ter unha sensibilidade especial. Estefanía é desas persoas que crean adicción, que sabes que estando con ela non importa nada máis que disfrutar o tempo o seu lado, sempre cun sorriso como carta de presentación e cun mundo interior fascinante. 

Xa dende o día que os nosos camiños se cruzaron, sempre estabamos a dicir de poñernos dacordo para facer fotos, semana tras semana, e por A ou por Z nunca chegaba ese momento.

Antes de que eu viaxara de novo a casa por Semana Santa, decidimos que xa era hora de poder facer algo xuntas e que disparara algunhas fotos cas súas múltiples cámaras para a súa colección. Fumos a desaiunar a un sitio que foi un verdadeiro descubrimento para min este ano chamado "Nuevas Croissanterias"  en San Ildefonso (barrio Malasaña) con zumes naturais, pasteis, tostas e ata TARTA DE SANTIAGO que, aproveitando o dato, seguramente vos pasou mais dunha vez: é destos sitios moi moi céntricos polos que pasas por diante millóns de veces e nunca entras limitándote só a mirar e a seguir camiñando ata que un día por calquer motivo accedes e descubres que non pensabas que podía ser desa forma  porque simplemente mirabas o escaparate e á xente dentro. 

Está a ser un dos meus clásicos "domingueros" de primeira hora da mañá. Merece a pena se queredes disfrutar dun bo desaiuno en pleno centro de Madrid (xusto ó lado da rúa Fuencarral) nun fin de semana no que Malasaña todavía está a abrir os ollos ... 

Pois ben, puxémonos man a obra e só cunha hora e media de tempo para facer algo, que sendo domingo tocaba cita obrigada ó rastro, éste foi o resultado. Ben mereceron as prisas, facer todo sen pensar, o axetreo de case caerme en patíns pola casa, andar cargando co libro de Terry Richardson "Terryworld" por todas as habitacións e sobre todo polas miles de risas que sempre nos saen estando xuntas.

Así, só foron suficientes dous estilismos e todo saiu rodado.
 

Body encaixe: H&M
Chaqueta de punto: Yves Saint Laurent pour homme
Plataformas: Zara
Calcetins: American Apparel
Cullot: Oysho
Pamela: H&M
Sudadeira: H&M
Patíns: Vintage







Soa unha das miñas cancións favoritas de Iron and Wine ' Big Burned Hand'
...